Un xogo de taboleiro e cartas en no que percorreremos e coñeceremos os diferentes Camiños de Santiago conseguindo cartas de etapas polas que pasemos e aprendendo sobre gastronomía, patrimonio cultural e arquitectónico, festas, profesións e moito máis. 64 cartas con datos para coñecer mellor a nosa terra que nos servirán non só para aprender senón tamén para obter melloras no noso Camiño como visitar máis lugares ou camiñar máis axiña.
A dinámica do xogo simula a xornada dun romeiro. Comeza o día no albergue elixindo os lugares que quere visitar. recorrendo os camiños e remata no albergue para repoñer forzas e comezar de novo ao día seguinte. Así durante a partida conseguiremos unha serie de cartas (etapas dos diferentes camiños) que nos darán a puntuación final.
Nunha ronda básica:
- Preparación do albergue (colocar cartas no albergue)
- Planificación da xornada (cada xogador ou xogadora colle unha carta de albergue se quere)
- Movimento
- Reordenación do albergue. (pasar cartas á fila de abaixo)
Cando remata a viaxe e contamos os puntos comeza a parte de compartir, conversar como nos foi o camiño. Poderemos así rematar o xogo contando un conto, así o xogador ou xogadora que consiga máis puntos terá que improvisar un relato, un conto con algunhas das súas cartas para contar ao resto foi a súa viaxe: o que sentiu, o que aprendeu, o que compartiu.
O xogo complétase cun pequeno libro-guía para aprender máis sobre cada etapa. Podedes personalizalo cos vosos debuxos.
CONTIDO:
- Taboleiro
- 64 cartas
- 5 peóns
- 5 cubos de cada cor
- Libro con información das diferentes etapas e para realizar debuxos.
Deseñado e fabricado de maneira artesanal en Galicia, onde se mestura o lúdico e o educativo. Xogando desarrollamos o razoamento lóxico, estratexia, planificación, a expresión oral, xeografía galega, historia e arte.
10+ anos
2-5 xogadores
- Edad
- de 10 a 14 años
de 14 a 18 años