Aracatanga!
Aracatanga!

Aracatanga!

Últimas unidades en stock
36,00 €
Impuestos incluidos

Obxectivos educativos:

- Traballa o cálculo mental a través de sumas, restas, multiplicacións e divisións segundo os coñecementos matemáticos
dos xogadores

- Potencia o razoamento e observación na procura das opcións de xogo máis axeitadas en cada quenda

- Favorece a cooperación

Número de xogadores: 2 a 4

 Idade orientativa: 6 anos en diante

 

Contido:

 - 1 taboleiro, 3 dados, 4 tarxetas de misións, 41 fichas de números

- 4 peóns, 1 volcán (cono vermello), 4 cubos de cada cor que simbolizan: marrón - madeira, verde - folla, laranxa - peixe, azul - auga, marelo - estrela, gris - cuncha, vermello - liana e rosa - froita.

- 4 pezas marróns grandes e 4 peixes azuis (simbolizan a obtención de LUME e ALIMENTO na fase de supervivencia)

Desenvolvemento do xogo:

Trátase de ir obtendo unha serie de recursos para sobrevivir na selva e, ao mesmo tempo, preparalo todo para escapar.

Cada xogador terá unha misión en concreto e a suma de tódalas elas fará posible salvarse. Para conseguir os recursos terán que operar cos valores que saquen nos dados e, así, obter os números correspondentes a cada recurso.

Tanto xogan dende meniños de 5 aniños, sumando e restando cos dedos ao principio e facendo cálculo mental avanzada a partida, como adolescentes ou os que din odiar matemáticas. Ademais, inclúe instrucións e uns pequenos taboleiros para xogar a outros xogos rápidos de cálculo mental se non se ten tempo para unha partida normal. Como no fondo é un xogo de supervivencia no que hai que ir buscando recursos pola selva,
faise moi atractivo!

Edad
de 6 a 8 años
No reviews

Los clientes que adquirieron este producto también compraron:

Los clientes que adquirieron este producto también compraron:

10 otros productos en la misma categoría:

Product added to wishlist
Product added to compare.