Era unha vez un grupo de meigas que se xuntaron para facer do seu mundo un lugar mellor. Cos seus coñecementos de maxia, de herbas e de cantigas ancestrais comezaron a xuntar ingredientes nun pote para ver que pasaba. E o que pasou foi que lograron crear un mundo especial no que a lúa, as estrelas e os planetas se aliñaron de maneira marabillosa.
O xogo consiste en ir resolvendo adiviñas polo taboleiro adiante e obter os ingredientes necesarios para elaborar os meigallos.
Obxectivos educativos:
- Traballa o razoamento e a reflexión
- Fomenta a curiosidade
- Facilita a comprensión lectora e a capacidade de análise
Número de xogadores: de 2 a 4
Idade orientativa: a partir de 3 anos
Contido:
- 1 taboleiro
- 4 peóns
- 1 dado
- 40 cartas de ingredientes
- 100 cartas de adiviñas
- 12 fichas premio (unha estrela, unha lúa e un planeta de cada cor)
- Caixa e instrucións
- Edad
- de 6 a 8 años