O Gatipedro
O Gatipedro
O Gatipedro
O Gatipedro
O Gatipedro
O Gatipedro

O Gatipedro

Fuera de stock
26,00 €
Impuestos incluidos

Idade: a partir de 6 anos

Número de xogadores: de 1 a 7

Obxectivos educativos:

  • Introdución á mitoloxía galega e á tradición oral

  • Traballa o razoamento, a axilidade mental e a concentración

Este é un xogo de partidas moi curtas, dous ou tres minutos cada unha, co que é ideal para levar de viaxe, para as escolas ou para momentos soltos ao longo do día. Ademais, ao ser tan curto e de moita velocidade, engancha enseguida.

 

Contido:

- 50 cartas de xogo e 8 con lendas

- Instrucións e caixa

Desenvolvemento do xogo:

Todos os pobos teñen a súa propia mitoloxía, deuses e seres máxicos que xurdiron para explicar os fenómenos que acontecían nun territorio e que, á falta dunha explicación científica, eran descritos e xustificados desta maneira. En Galicia, como non podía ser menos, temos a nosa propia mitoloxía.
Para este xogo escollemos 8 deses seres, desas lendas galegas: o Gatipedro, o Urco, a Santa Compaña, as meigas, as sereas, as mouras, os nubeiros e os biosbardos; mais animámosvos a afondar na rica, variada e moi abundante mitoloxía galega.

Trátase dun xogo de velocidade no que a estratexia cambia a cada instante.

Cómpre, pois, estar alerta para responder ás cartas dos demais o máis rápido posible. Gaña quen se desfaga de todas as súas cartas.

Cada lenda está asociada a uns elementos determinados. Por exemplo, o Gatipedro é un ser que no medio da noite entra nos cuartos dos nenos e das nenas facendo que mexen por si na cama. Para protexerse del hai que poñer unhas areas de sal diante da porta do cuarto. Polo tanto, no xogo o Gatipedro está relacionado coa noite, que é cando sae; e co sal, a maneira de protexerse del.

Edad
de 6 a 8 años
No reviews

10 otros productos en la misma categoría:

Product added to wishlist
Product added to compare.