Obxectivos educativos:
- Traballa a observación e a concentración
- Mellora a psicomotricidade fina e o pulso
- Número de xogadores: ata 4 xogadores
- Idade orientativa: 3 anos en diante, xa que conta con cartas de catro niveis de dificultade diferentes.
Contido:
- 24 pezas de madeira e 6 formas diferentes
- 72 cartas
- Timbre
- Caixa de madeira e instrucións
Desenvolvemento do xogo:
Imaxinade que sodes un grupo de exploradores perdidos nun manglar, co seu chan anegado e tódolos animais e perigos que alí hai. A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible, pero que aguante enteira toda a noite...
O xogo consiste en reproducir a figura que saia na carta antes que os demais, debendo manterse dereita cando se toque o timbre para poder
comprobala. Este xogo conta con cartas de 4 niveis de dificultade diferentes, co que poden mesturarse todas ou seleccionarse por niveis dependendo das idades e habilidades dos xogadores para que sexa unha partida máis compensada.
- Edad
- de 3 a 6 años